Agricultura ecolóxica; Sustinea

II Curso Agricultura Ecolóxica

Rematamos unha nova edición do Curso en Agricultura Ecolóxica dentro do noso proxecto Escola da Sostibilidade. Nesta formación mostramos os métodos de cultivo que existen, asociacións e rotacións de cultivos, abonos naturais, tratamentos de pragas e fortalecemento das hortalizas e plantas mediciñais e aromáticas.
A parte práctica fixémola na Horta da Alfádega, onde as participantes puideron levar a cabo todo o aprendido de forma diaria. Dende a construción dos bancais, o cultivo, o acolchado, refuxios de insectos, combinacións de flores polinizadoras na horta, etc.

Subscribirse a RSS - Agricultura ecolóxica; Sustinea