biofestival

O Biofestival no Reperkusión 2013

Esta fin de semana do 10 ao 12, participamos no Reperkusión 2013 con un proxecto piloto denominado Biofestival, no que implementamos baños secos e duchas solares creadas a través de materiais de refugallo, para  fomentar a reducción de auga e consumo enerxético , e que funcionaron á perfección e foron moi ben acollidas pola xente do festival.
 

Biofestival de Sustinea no Reperkusión

Sustinea participará no Reperkusión 2013 con un proxecto piloto denominado Biofestival, no que se implementarán baños secos e duchas solares para fomentar a reducción de auga e consumo enerxético. Realizaremos tamén un programa para concienciar acerca da importancia e necesidade da participación cidadá na xestión dos residuos que se xeneran durante os 3 días do Festival, promovendo a reducción, a reutilización e o reciclado para reducir o impacto ambiental neste tipo de eventos.

Subscribirse a RSS - biofestival