Campamentos Ambientais

"Explora Ourense"- Campamento Muíños- O Xurés.

Ás Sustineanas encántanos o Xurés, por iso, coma cada ano, facemos até o imposible para que as crianzas ourensás o exploren de primeira man! Que mellor sitio que descubrir que un Parque Natural? Pos semella que lles gusta... algúns até repiten! Natureza, aventura, aprendizaxe, convivencia... E mooooita esmorga :)

Etiquetas: 

Inscríbete aos Campamentos Explora Ourense

Abrimos o prazo de inscrición para os Campamentos Explora Ourense que levamos a cabo cada ano en colaboración da Deputación de Ourense, en Muíños e no Parque Natural do Xurés.
 
Poderanse solicitar as prazas mediante a entregada dunha folla de solicitude dende o 25 de maio ata o 14 de xuño no rexistro da Deputación Provincial de Ourense.
 

Campamento Ambiental de Nadal

 Apúntate xa ao Campamento Ambiental de Nadal en Ourense.
 
Este nadal propoñémosvos en Ourense unha gran aventura para os/as vosos/as pequenos/as, un campamento diferente onde poderán interactuar coa natureza da nosa cidade.  O campamento será tematizado, con persoaxes fantásticas que serán as que cada día desenvolvan as actividades. O fío conductor, será un conto fabuloso, no que cada actividade e obradoiro estará guiado polo mesmo.
 

Subscribirse a RSS - Campamentos Ambientais