divulgación

Desfrutamos do Xurés dende outra mirada

Esta fin de semana, estivemos desfrutando do Parque Natural do Xurés rodeados de mozo e mozas, co programa O Xurés dende outra mirada, dentro do programa Embárcate 2014, financiado pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
 

Divulgamos

Poder explicar as diversas realidades ambientais, as súas causas e efectos de forma sinxela e amena para os diferentes públicos, é un reto fascinante co que camiñamos da man.

A divulgación é un instrumento que nos permite crear unha concienciación ambiental e social, así coma fomentar comportamentos e actitudes respetuosas co Medio Ambiente, precisas para encamiñarnos cara un Desenvolvemento Sostible.

É por isto que o proceso educativo de Sustinea, baseado na participación, e na acción social, constitúe un instrumento preciso para posibilitar o Desenvolvemento Sostible.

Subscribirse a RSS - divulgación