sustinea divulgación sensibilización educación ambiental

Queres coñecer o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés?

Dende Sustinea en colaboración do Concello de Muíños e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, propoñémosche unha escapada de fin de semana en plena natureza, ideal para darlle a benvida ao outono e depurar os pulmóns e relaxarnos desfrutando da calma do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, unha xoia da natureza ourensá que merece a pena coñecer e desfrutar dun xeito sostible.
 

MOBILízate pola selva no teu cole!

Dende Sustinea apostamos firmemente pola xuventude, por iso queremos propor aos colexios/institutos a colaboración comprometida coa campaña “MOBILízate pola selva” na cal Sustinea colabora co Instituto Jane Goodall na realización de charlas informativas, actividades de sensibilización e recollida de móbiles en desuso.

Un Rural para tod@s xa é realidade

Sustinea continúa co programa Un Rural para tod@s, que financia a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, onde realizamos formación en agricultura ecolóxica, orientación laboral e dispoñibilización de terreos para persoas con poucos recursos para produción en ecolóxico para autoconsumo ou venda.
 
As destinatarias e destinatarios son persoas empadroadas no Concello de Ourense  e pertencentes a algún colectivo en risco de exclusión social.
 

Subscribirse a RSS - sustinea divulgación sensibilización educación ambiental