Hoxe, levantamos con moitísimas ganas de camiñar.
Así, tras almorzar prepararmos as mochilas e marchamos no bus ata Xermeade.
Alí, recorrimos o pobo e xogamos algo rápido, no que se precisaría interacción coa xente habitante, para descubrir un montón de curiosdades sobre a aldea.
Ao remate, volvimos a botar crema de sol e marchamos en ruta cara o Encoro do Salas.
Paramos varias veces para hidratarnos, pero tamén para coñecer máis aínda sobre as especies autóctonas do Xurés e sobre o parque en xeral.
Ao chegar, comimos uns bocatas e desfrutamos dunha tarde con tempo libre e baño xestionado.
Logo volvimos ás instalacións para ducharnos, coller as nosas carteiras e tomar un refrixerio antes da cea.
Pola noite, movímonos cara o bosque para xogar ao Asalto ao Castelo, unha actividade na que a rapazada debería tentar entrar unha zona delimitada sen ser recoñecidas polo monitorado.
Todo un éxito!





















