Buscar

O noso patrimonio

Despois do xa habitual actívate, comezamos coas actividades da mañá, os xogos tradicionais e populares.


Dado que a mellor e máis fiable fonte de saberes sobre este tipo de xogos e xoguetes son as propias crianzas, a primeira parte da mañá consistiu en realizar un compendio propio dos campamentos, necesario para solventar a, cada vez maior, falta de espazos interxeracionais. Ao rematar o compendio, xogamos a case todos os xogos que recollemos, xa que o único xeito de coñecer un xogo é participando do mesmo.


Despois, abrimos o taller de argalladas, unha actividade mediante a que crear todo tipo de xoguetes de xeito completamente libre empregando materiais naturais, corchos e palillos, entre outros.


Pola tarde, despois do tempo libre, dimos en facer unha última ruta: unha serie de pistas que foron aparecendo leváronnos ata O Rañadoiro, ao máis puro estilo do Xeocatche. Alí, xogamos ao Muiñopoly, un xogo por equipas para facernos cos puntos de interés do poboado: para obter cartos, precisaríamos superar diversas probas que o monitorado iría sacando de sobres.

Despois voltamos, chamamos ás nosas casas, ceamos e comezou a velada:


Dado quea velada do día anterior fóra tal éxito, fixemos unha votación para saber cal facer, e saliu elexida, novamente, a do Rommel e Montgomery!


Un día completo no que descubrimos máis sobre o noso patrimonio, tanto cultural como natural!