Hoxe, por fin, o tempo deu tregua, isto permitiunos facer todas as actividades de hoxe no exterior.
Primeiro, nada mais rematar o actívate, xogamos ao ecobingo, unha actividade mediante a que descubrir sobre especies autóctonas, as zonas da instalación e aprender sobre como coidar a contorna.
Despois, aproveitando que o sol andaba xa por ahí, puidemos desfrutar dun ratiño de piscina, e mesmo de «Aquagym»!
Pola tarde, seguindo as demandas do grupo, dimos en facer unha pequena competición de pachangas de fútbol, na cal terminamos participando case todas!
E, tras rematar a competición, empregamos o resto da tarde para xogar a «Operación Lume», un xogo de tres fases: primeiro, dividiríamonos en catro equipas para crear os nosos concellos. Despois, deberíamos pasar diversas probas para facernos con cartas de prevención que, na terceira parte, terían diversos efectos.
Así deu comezo a terceira parte, na que xuntamos todos os concellos e comezaría o lume, que deberíamos combater.
Tras isto, e despois de cear, fomos cara o monte para xogar ao búnker: un xogo no que simulamos estar nunha crise climática que nos obrigaría a refuxiarnos en búnkeres.
A verdade que foi un día de aprendizaxe, amistade e, sobre todo… Xogo!
















