Buscar

Viñedo Interxeracional

Xa estamos a traballar no Viñedo Interxeracional

Hai un par de meses contabámosvo-lo proxecto. Hoxe contamos que xa é unha realidade.

No Ribeiro, 12 persoas voluntarias (6 maiores de 55 anos e 6 mozas e mozos de 16 a 35) forman 6 parellas interxeracionais que están a recuperar o patrimonio vitivinícola de Ribadavia, Boborás e O Carballiño. E o mellor: están a facelo xuntas.

As primeiras labores de limpeza dunha parcela
Aqui temos unha das persoas participantes posando ben enchida despois de ter aprendido a usar o sacho

Que estamos a facer?

🌱 Protexendo o ambiente
Xa estamos a consolidar socalcos afectados polos incendios e o abandono. Plantamos especies autóctonas (xestas, urces, codecos) nas beiras dos viñedos para frear a erosión e mellorar a biodiversidade.

🍇 Revitalizando o agro
Comezamos a recuperar viñedos abandonados. Mentres traballamos a terra, os nosos voluntarios e voluntarias están a formarse en viticultura ecolóxica e de precisión.

📱 Poñendo en valor a cultura
Estamos a deseñar a Ruta do Viño Interxeracional e a gravar os primeiros contidos dixitais. As persoas voluntarias máis maiores explican a historia e os máis novos trasmutarán o seu saber en contido dixital accesible para todo o mundo.

Intercambiamos Saberes!

As persoas voluntarias mais maiores achegan a memoria e o oficio.

A mocidade achega forza e competencias dixitais.

O resultado: un diálogo de saberes que xa está a dar froitos.

Non debemos deixar que o legado do viño do Ribeiro sexa só unha lembranza. Debemos convertelo nun futuro próspero, construído entre todas e todos.

Seguiremos traballando e contando.

Momento no que o voluntario "senior" Antonio Míguez nos achega á realidade histórica e social do viño do Ribeiro

Este programa está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 (código BS508E). Os fondos proceden do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) da Unión Europea, enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (NextGenerationEU), concretamente dentro do compoñente 22 «Plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión».