Buscar

A gran competición

O día de hoxe comezamos cun actívate especialmente longo, no que algunhas das participantes animáronse a dirixilo.


Despois, xogamos a un xogo no que as persoas participantes deberían tentar adivinar adivinar cantas palabras fose posible de diferentes xeitos: mímica, debuxo, tararear cancións…


Despois, dado que estabamos todas bastante cansas, decidimos dar varias opcións; poderíamos tanto xogar baloncesto e fútbol como facer pulseiras.


O cansancio seguía por ahí cando rematamos de comer, así que decidimos dar un tempo libre un pouco máis longo, no que aproveitamos para facer, de novo, unha competición de fútbol!


Despois, comezamos coa actividade de tarde, que consistía en prepararnos para a velada: dividímonos en dúas equipas, repartimos rangos e preparamos o espazo para o xogo.


Pola noite, xa estabamos todas listas: consistiría nunha competición por turnos para atopar e apuntar cunha lanterna á persoa da equipa rival que levase o rol da bandeira. Un xogo moi típico dos campamentos (Rommel e Montgomery) que algunhas de nós levábamos varios días pedindo, asi que, claramente, foi un exitazo.